jueves, 5 de noviembre de 2009

Dialéctica de luz e sombras.1)
Todos temos observado que a ideoloxía máis difícil de erradicar, é a ideoloxía relixiosa. Esto é debido a que a relixión orixínase polo medo maís ancestral da especie humana, o medo a oscuridade.
A indefensión que a oscuridade provocaba nos humanos, compartida con outras moitas especies animáis, facía xurdir un medo insuperable, que atopaba consolo coa volta da claridade ó amanecer.
Nos idiomas de orixe indeuropea, chega a darse a identidade de raíz, deus-día, e vemos como en moitas relixións, os mesmos deuses proclaman: ¡ Eu son a luz !. A reaparición diaria da claridade, orixina o primeiro acto relixioso: os humanos saúdan e agradecen á claridade pola súa intervención para rematar cos terrores nocturnos.
Este primeiro acto de culto, fai que xurda toda unha xeografía sagrada, chea de tabúes e con contrapartes beneficiosas. O acto de mirar en dirección a orixe da claridade, chámase orientación, o que conleva connotacions positivas. A seguinte observación refíese ó movemento aparente do sol, identificado dende moi cedo como motor da claridade. Este movemento vai de este a sur e remata polo oeste. Pois ben , cando nos atopamos mirando a oriente, o sur está a nosa dereita, de ahí a connotación favorable de ésta dereita-destra, é polo contrario o tabú do norte por atoparse no sentido contrario a marcha do sol, basta con ver nos idiomas da península ibérica como, para referirse a esa dirección, toman unha palabra do eusquera: esquerda, para eludir o tabú da palabra latina correspondente: siniestra.
Dentro de esta xeografía sagrada, debemos resaltar que, dende o punto de vista subxetivo, hai tres puntos cardináis, norte, este e sur, o oeste non está a nosa vista, polo que dende sempre, é a dirección que se identifica co "outro mundo". O inferno , na súa orixe ubicábase no frío norte, a concepción do inferno como un lugar frío inda se conserva na Divina Comedia de Dante.
A seguir...

1 comentario:

  1. En canto o de "a ideoloxía máis difícil de erradicar": podes encontrar a moitos, ou alomenos algúns, que non teñan creencias relixiosas, pero ¿cánta xente non cre no diñeiro? É máis, se lles contas que o tal é un conto, a mentira máis grande xamáis contada, hante tomar por tolo ou guindarte no caldeiro, por si é o caso.

    ResponderEliminar