martes, 27 de octubre de 2009

Adicado a miña tribu.-

Nos últimos tempos teño observado que se fala da festa dos Fachós, como considero que se trata dun erro, pásovos a comunicar a miña análise sobre o que, para mín, é este ritual.
Empezando polo obvio, toda festa tradicional ríxese polo calendario lunar, empeza ó porse o sol, e remata ó día seguinte á mesma hora. A procesión burlesco-festiva dos fachós forma parte da festa do S.Sebastián como se deduce de determinados berros que se lanzan durante o recorrido, e mesmo porque o Sto.desfila en efixie ( O fachón grande).
Para ubicar a orixe desta festa debemos lembrar a iconografía do Sto. A S.Sebastián sempre se lle representa coma un soldado romano axusticiado a flechazos, e pónse a data do seu martirio entre os séculos III e IV. Nas vellas mitoloxías as flechas que usan no axusticiamento son os raios solares que lanza o deus que representa o sol xoven ou do amanecer: Apolo, Lug etc.
Sabemos que certos rituales propiciatorios exixían sacrificios humanos en datas determinadas. Neste caso a ceremonia tivo carácter cruento pois correspóndese cunha época na que a inseguridade que se vivía no imperio romano, provocóu a volta a este tipo de rituáis.
A festa romana da que está tomada, é a das Saturnales, nas que un mes antes da festa elexíase a un de entre os soldados, pola súa beleza corporal, xa que durante ise mes, iba a representar o papel da divinidade solar no seu aspecto de Saturno, o sol vello ( para nós o ano vello), que morre no inverno para dar paso ó sol novo (Apolo, Lug).
O xeito de celebración era como sigue: elexíase a un mozo e vestíanno con atuendo real como representante de Saturno, acompañado polos soldados, presentábase ás xentes con licencia para entregarse a todo tipo de placeres. Iste alegre reinado remataba o día do festival, no que tras a procesión burlesco-festiva era axusticiado.
A estas alturas todo o mundo se preguntará que pintan todos estes romanos. E dende logo hai que explicalo. Nos diferentes estudos que se teñen feito sobre a Vía Nova, tense proposto a ubicación de mansio Praesidium en diferentes lugares, nomeadamente na Medorra e no Burgo, pero na miña opinión pasóuse por alto un microtopónimo tan revelador que resulta o sinalamento, sin ningún xénero de dudas, da referida mansión. Trátase de O Real da Pousa. Dende o Medioevo, o término Real, ten o siñificado de campamento militar é o da Pousa non xenera ningunha dúbida, Trátase pois dun campamento de Via Nova cun certo nível de fortificación como se corresponde co seu nome: Praesidium (literalmente posición avanzada, o que nos indica que no intre da súa construcción estaba rodeado de indíxenas inamistosos.)
No estudo que fixo Risco sobre o Castro de Caldelas, fala de terse atopado restos romanos na zona do Toural, zona que a traves dos séculos ten desempeñado o papel de mercado, sin duda orixinado no foro de vella mansio Praesidium.
Iste ritual foi posteriormente cristianizado e integrado na celebración do S. Sebastián.

1 comentario: